viernes, 17 de mayo de 2013

LUZ FANDIÑO


Marina, nai de Luz Fandiño, era atea, antifranquista e unha gran loitadora. Tivo na súa casa dos homes escondidos, un tiña unha pena de morte e o outros dúas. A Guardia Civil iba a noite a hora que fose a súa casa. Marina loitou moito polas súas fillas, e no momento no que caían as bombas sobre Nagasaki e Hiroshima, a súa filla Luz chegou a pensar abatida pola desesperación: "Porque non botarán unha bomba aquí".
Luz emigou a Arxentina a vivir alí con unhas primas da súa nai e na primeira noite tivo un ataque de nervios pola cantidade de bichos que había na habitación que ía durmir, ratas, cucarachas...
Luz esperaba poder enviarlle diñeiro a súa familia en Galicia pero durante os primeiros cinco anos non puido enviarlles nada de nada o que lle facía ter un gran sentimento de culpabilidade e chorar e chorar...
Tampoco se atopaba cómoda en A Casa de Galicia, en Bos Aires, porque estaba cheo de fascistas e alí falar galego estaba peor visto que robar. Ademais a sociedade arxentina non estaba moito máis avanzada en cuestiones de igualdade. Cando unha muller estaba soa era unha fulana e moito peor se te atrevías a falar... non entendían nin que unha muller falase, era ilóxico. Tras doce anos alá, Luz regresa a Europa pero non a súa terra galega tan querida, se non que vai a Francia xa que alí a situación da muller era "menos mala". Despois de levar quince anos e medio en Francia e con xa conseguidos unha serie de dereitos dispúxose a volver a súa terra...
Hoy en día Luz Fandiño, poeta, galeguista e feminista é a alma de todalas manifestacións e protestas en Compostela.