sábado, 2 de marzo de 2013

O bó e o malo de Galicia.

Estos días saín a rúa para ver que pensaba a xente de Galicia, o bó, e o malo... Atopeime moitas cousas pero fíxome ver que a xente se centra moito no clima de Galicia, no frío que fai, na choiva, a humidade... pero que sería Galicia sen todo iso? Teño que dicir tamén que a xente costoulle moito traballo pensar que era o que non lle gustaba de Galicia, supoño que sería no momento porque eu estou farta de ver a xente queixarse de tantas cousas de Galicia... en cambio á hora da verdade din que só poden dicir cousas boas, non o creo... Pois bueno, a distintas opinión foron istas...



viernes, 1 de marzo de 2013

A ría de Vigo


A ría de Vigo ten unha forma que a diferencia do resto de rías con un entorno natural rico. A ría de Vigo é unha ría fermosa e que a mi persoalmente gústame. Aparentemente non ten ningún problema xa que esta ría ensínanos a sua beleza pero por baixo... 
Un dos principais problemas desta ría é a contaminación industrial e orgánica.  A industrial é a que ven xenerada polas empresas do espazo portuario de Vigo.  A maior parte do litoral do porto de Vigo está cheo de empresas cuxa actividade non ten que ver co porto polo tanto non deberían estar ahí atopadas. A causa fundamental da contaminación orgánica é as depuradoras de augas residuales situadas no litoral da ría. Algo raro está pasando para chegar a estes extremos inxustificados...
PESCANOVA é unha das moitas empresas que ten a súa nave alí, na zorra portuario do litoral da ría. Cando estas empresas queren ampliar e non teñen terreo recurren a zoa do mar facendo recheos ou tamén chamados polas autoridades "afloramientos de terra". Por exemplo...

ANTES DO RECHEO:
Pescanova_2.JPG




















DESPOIS DO RECHEO:
Pescanova_3.JPG


Según o expediente para realizar este recheo aconteceron presuntas irregularidades que conseguiron varias denuncias. Eles xustificaban o recheo como un espazo para a loxística portuaria e gañar maior calado.
AUCOSA é unha fábrica de fariñas de pescado.  Tampoco ten xustificación a su localización no lugar puesto que ni recibe ni envia ningunha mercarcía polo mar. Pero en cambio a súa acitividade industrial xera uns olores desagradables dos cales hai moitas queixas...
RECHEO DE BOUZAS é o peor recheo e todos, é o que bota a maior agresión ambiental a ría de Vigo. Ten unha extensión de 300.00 metros cadrados de terra e materiais do máis variando, ata lavadoras incluso...

Estas son algunhgas das moitas fábricas que se encontran no lugar. 






Eu penso que o máis normal sería trasladar todas as empresas a otra zoa máis apropiada e non no litoral, porque aparte de que lle quitan beleza o peor de todo é que contaminan a ría e iso afectanos a nos, e a todos os seres que viven baixo ela... Poddría poñer o exemplo de se a nos nos gustaría que contaminasen o lugar onde vivimos, a cidade... e comparalo coa contaminación da ría, pero ao fin e ao cabo sería un comparación inútil xa que nos tamén contaminamos a cidade, e que a caso pensamos que está ben? O é que só pensamos en nos e somos uns egoistas? Supongo que será iso... Pero algún día habrá que poñerlle punto e final a isto, e cando vai ser ese día? Cando cheguemos a unha verdadeira situación crítica? Quen sabe...