domingo, 7 de abril de 2013

Camiño de Santiago



A orixe do camiño de Santiago atópase na Igrexa, xa que esta afirma que Santiago o Maior era o discípulo de Xesús que estableceu unha amizade máis estreita con el. Santiago foi o primeiro dos doce apóstoles en morrer pola fé cristiá, por orde Agripa. Segundo a lenda os discípulos recolleron os restos moratis do Apóstolo e trasladáronos cara a Occidente. En Padrón deron sepultura ao cadáver do cal perdeuse o seu rastro durante centos de anos.  Cando encontráronse os restos do apóstolo comezou a súa veneración da imaxe de Santiago. Como apóstolo representouse vestido cun manto e unha túnica longa, en actitude sedente, sostendo un libro nas mans e ás veces descalzo. Ás veces levaba o símbolo do seu martirio, a espada. A imaxe de Santiago como peregrino apareceu máis tarde, desta forma estaba carazterizado cun sombreiro de á ancha na cabeza.
Santiago xunto con Roma e Xerusalén é un dos centros máis importantes de peregrinación do mundo cristián. Comezaron a acudir persoas procedentes de todolos lugares a través das rutas máis doadas de acceso á cidade. Foros cinco as grandes vías dos peregrinos. O Camiño Francés o primeiro, seguido polo Camiño Navrro e o Camiño Aragonés.

Hai diferentes motivos polos que a xente motivouse a realizar os casa 900 km de camiño que percorren as terras peninsulares. Era obrigada a asistencia á misa e ás confesións antes de comezalo camiño. Toda unha serie de normas atinxían ó camiñante como os privilexios, as exenciñons, as normas da indumentaria, os símbolos, a protección e liberdade do peregrino, etc. Para levar a cabo este camiño esixe unha indumentaria preparada. Polo xeral lévase o chapeo de á ancha, unha túnica ampla sobre a que ía unha capa con esclavina e sandalias e como complemento indispensable un bastón xa que era un gran apoio e instrumento de defensa e unha cabaza como cantimplora. Logo estaban as vieiras incoporadas como ornato distinto dos peregrinos que acreditaban na súa orixe que o portador cumprirá a peregrinación e acadara a costa da Fin da Terra. Tamén ás veces está a presenza do botafumeiro que era símbolo de puruficación e louvanza. Para cubrir as necesidades dos peregrinos foi necesaria a creación  de institucións hospitalarias ó longo do camiño.

Unha vez percorrido o camiño outro dos ritos  para os peregrinos é o aseo previo a entrada na cidade do Apóstolo. Chegados ó templo do Apóstolo, os peregrinos acudían a cripta  para rematar alí  cos seus actos de oración e devoción a imaxe de Santiago sedente que preside o altar maior. Para acreditar ó seu percorrido recibñian a "Compostela", documento redactado en latín e con validez recoñecida ante todolos reinos e tribunais de Europa.

En realidade a xente que fai este camiño non gañan só o facelo pola crenza que teñan senón que mentres o levas acabo disfrutas da paisaxe do camiño.